Thursday 25 de April de 2024

Agradecemento á Policía Local de Ordes dende o Concello de Culleredo


O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, agradeceu a colaboración da Policía Local de Ordes no esclarecemento do atropelo mortal acontecido o pasado 2 de xaneiro no Burgo. Eduardo Rodríguez Regos, xefe da Policía Local de Ordes, foi o encargado de representar onte ao corpo na cerimonia de condecoración a José Luis Lopez Pazos, oficial da Policía Local de Culleredo que coordinou a investigación.

O rexedor local agradeceu o papel da Garda Civil de Culleredo, de Tráfico, da Policía Xudicial e das policías locais dos municipios de Cambre, Oleiros, A Coruña, Arteixo, Sada, Cerceda e Carral. Os ditos agradecementos fixéronse extensibles aos responsables do departamento de Seguridade do BBVA e aos responsables da ITV de Espírito Santo pola súa colaboración na investigación que abrangueu a máis de 8.000 vehículos. A edil de Seguridade Cidadá de Culleredo e o tenente coronel de Tráfico de Galicia, Marta Figueroa e Francisco Javier Molano, foron outras das autoridades presentes.